TAREFAS

TAREFA 5

1. PRIMEIRA PARTE: ELABORACIÓN DUNHA COMPOSICIÓN ESCRITA INDIVIDUAL


Formato dixital impreso.
Data de entrega: MERCORES, 15 DE MAIO.
Descarga a través deste enlace a guía para a realización dunha composición escrita baixo o título O ESPECISMO A DEBATE.


2. SEGUNDA PARTE: DEBATE POR EQUIPOS:
VEXETARIANISMO /VS/ CARNIVORISMO

Preparación do debate: posta en común das estratexias e argumentación.
Data de celebración: POSTERIOR Á ENTREGA DA COMPOSICIÓN. 


TAREFA 4. CHOQUE CULTURALFormato dixital impreso.
Data de entrega: MÉRCORES, 24 DE ABRIL
FORMATO IMPRESO B/N

Descarga a través deste enlace a guía para a elaboración dunha composición escrtia baixo o título O CHOQUE CULTURAL

Para consultar os criterios de avaliación, descargade aquí a táboa.

TAREFA 1 (descargar formato .doc)
UNIDADE 2. Como nos fixemos humanos?

Formato dixital impreso.
Data de entrega: LUNS, 10 DE DECEMBRO
Contesta as seguintes cuestións utilizando os recursos que se ofrecen ao final?
  1. Que interese ten o Homo antecesor?
  2. Onde se atoparon os seus restos fósiles?
  3. Por que é tan importante o Homo heidelbergensis?
  4. A que especie pertence o cranio 5 denominado “Miguelón”?
  5. Que característica anómala presenta o craneo anterior e que implicacións se extraen desta circunstancia?
  6. Que parte do traballo de excavación se fai no río Arlanzón?
  7. Para que se utiliza a lupa binocular na exame dos restos achados na excavación?
  8. A que especies deron lugar o Homo Rhudolfensis e o Homo Heidelbergensis?
  9. Con que outra especie hibridou o Homo Neanderthalis?
  10. A que especie pertence a pelve chamada “Elvis”?
  11. Que peza fósil se denomina “Vicente del Bosque”?
  12. A través de que fósil se supón que o Homo antecesor era caníbal (antropófago)?
  13. Que datos aporta este fósil?
  14. Que ferramenta lítica se atopou na Galería das estatuas e a que cultura pertence?
  15. Cal é o craneo máis completo dun Neanderthal e onde se atopou?
  16. Como se  chaman os directores das excavacións da Serra de Atapuerca?
  17. Que se atopou en Sima de los huesos?
  18. Cal é a orixe xeográfica dos primeiros Homo sapiens?
  19. Que é o Homo s.p. e onde se atopou?
  20. Que especie celebraba banquetes en Trinchera Galería?
  21. Onde está situada Cova Eirós?
  22. Que se fai cos restos que se atopan na excavación da Cova de Eirós?
  23. Que importancia para a Paleantropoloxía ten este xacemento?
  24. A través de que probas se pode afirmar a presenza dunha especie en concreto?

RECURSOS
·         Museo da evolución humana. http://www.museoevolucionhumana.com/
·         Fundación Atapuerca. http://www.atapuerca.org/apartado/142/los-yacimientos
·         La voz de Galicia. http://www.lavozdegalicia.es/temas/cova-eiros

Vídeo. https://youtu.be/Dy69dZmRNeA

TAREFA INICIAL
Realización dunha tarefa en grupo dunha presentación de diapositivas.
Utilización das ferramentas de traballo en rede Google Drive.

TEMA / A ANTROPOLOXÍA
  • Definición.
  • Ramas da Antropoloxía e obxecto de estudo.
  • Antropoloxía biolóxica ou física.
  • Antropoloxía cultural.
  • Antropoloxía filosófica.
TEMA / A HOMINIZACIÓN
  • Definición.
  • Fases do proceso de hominización.
  • Evolución biolóxica e evolución cultural.
TEMA / A EVOLUCIÓN HUMANA
  • A sabana como medio evolutivo.
  • A orixe africana.
  • As primeiras migracións.
  • A colonización do Planeta.

No hay comentarios: